Talleres Entroido

O Concello de Abegondo facilitará a conciliación familiar realizando dous talleres de Entroido, na aula lúdica, para a rapazada do municipio.

O luns 3 de marzo realizarase o ‘Taller de máscaras de Entroido’ e o mércores 5 de marzo levarase a cabo o ‘Taller de complementos de Entroido’.

Ambos obradoiros impartiranse en dous grupos:

De 16:30 h a 17:30 h ➡︎ Grupo Infantil
De 17:30 h a 18:30 h ➡︎ Grupo Primaria

As inscricións poden realizarse no departamento de Cultura ou na biblioteca.

Actividades enmarcadas no Plan Corresponsables da Xunta de Galicia.

 

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *