Inicio do prazo de presentación de Solicitudes de Ingreso na Escola Infantil Municipal Pasiños para o curso 2023-2024, que se iniciará en setembro de 2023.
O Servizo de Escola Infantil Municipal está dirixido a menores con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, que pola súa idade non poidan estar escolarizados/as nun centro educativo ordinario. Unha escola con equipamento adaptado ás necesidades dos máis pequenos/as na que se imparte o primeiro ciclo de educación infantil non obrigatorio e que conta con catro unidades de atención.
Ofértase un servizo baseado nun proxecto educativo e encamiñado a favorecer un axeitado desenvolvemento e atención socioeducativa. O horario do centro é ininterrompido e ampliado, permanecendo aberto de 7:45 a 19:00 horas, non podendo superar máis de oito horas no centro. Asemade, ponse a disposición dos pais o servizo de comedor escolar (catering) para os menores a partir dun ano de idade.
A finalidade do Servizo da Escola Infantil é a de favorecer a socialización de nenas e nenos destas idades, contribuíndo a un desenvolvemento íntegro da súa personalidade e a de ofertar un recurso que favoreza a conciliación da vida persoal, laboral e familiar. Contribúese co establecemento de medidas de impulso demográfico que favorezan a conciliación, aplicándose na escola infantil municipal a gratuidade da atención educativa no suposto do/a segundo/a fillo/a sucesivos da unidade familiar.
Son requisitos para poder solicitar praza na Escola Infantil Municipal:
- Que o menor nacese no momento de presentación da solicitude.
- Idade do menor:
- Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso (setembro de 2023)
- Non ter cumpridos os tres anos de idade a 31 de decembro de 2023.
* OS MENORES QUE XA ESTIVERON ESCOLARIZADOS NO CURSO 2022/2023 DEBERÁN PRESENTAR RESERVA DE PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024.
O Concello acóllese, desde o pasado curso, á gratuidade da atención educativa e da matrícula da Escola Infantil Municipal, polo que supón para as familias a exención do pago mensual deste servizo. Exclúese desta gratuidade o servizo de comedor.
AS SOLICITUDES, XUNTO COA DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA, poderase presentar presencialmente de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas, no Departamento de Servizos Sociais do Concello, podendo solicitar cita previa no teléfono 981 647 996 (Belén Taboada).
En caso de non ser posible polo/a solicitante acudir presencialmente poderá contactar cos servizos sociais para cita telefónica e tramitación da solicitude,
COMO PRESENTAR A SOLICITUDE DE PRAZA PARA A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL PASIÑOS?
A solicitude poderase presentar a través dos seguintes medios:
- Presencialmente, solicitando cita previa no teléfono 981 64 79 96 (Departamento de Servizos Sociais) en horario de 8:30 horas a 14:30 horas de luns a venres. O formulario de solocitude de praza cumprimentarase na entrevista e achegarase a documentación económica-familiar.
- Telematicamente, en sede.abegondo.gal, seleccionando en SERVIZOS SOCIAIS o procedemento «Solicitude de praza na escola infantil municipal» e accedendo empregando o DNI/certificado electrónico para iniciar o trámite (online). Se non se emprega a vía telemática poderá descargarse os impresos desde esta páxina.