Selección do persoal integrante da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Abegondo

O Concello de Abegondo, conforme o convenio asinado coa Conselleria do Medio Rural da Xunta de Galicia, selecciona ao persoal que formará parte da brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais no exercicio 2025. Durante os próximos 3 meses, baixo a supervisión do distrito forestal, as persoas traballadoras desenvolverán tarefas de vixiancia, de prevención e defensa contra os incendios forestais no territorio municipal. A convocatoria inclúe as seguintes prazas:

· Un xefe/a de brigada
· Un peón/peoa condutor/a
· Tres peóns/peoas de brigada

O prazo de presentación de instancias estará dispoñible durante 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude a través sede electrónica do Concello o do rexistro xeral. O anuncio do BOP, bases da convocatoria e modelo de instancia están dispoñibles na sede electrónica.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *