Selección de dous peóns para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Abegondo
O Concello de Abegondo, conforme o convenio asinado coa Conselleria do Medio Rural da Xunta de Galicia, selecciona a dous peóns/peoas para a súa brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais no exercicio 2025.
O prazo de presentación de instancias estará dispoñible durante 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As bases da convocatoria pódense consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.






Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!