LIFE WATER WAY «CREACIÓN DUN NOVO CONCEPTO DE FONTE E DEMOSTRACIÓN DA SÚA VIABILIDADE NO CAMIÑO DE SANTIAGO»
Prazo de execución: 2017 – 2023
Programa marco: Life programme | European Commission.
Socios: Concello de Abegondo (coordinador), Augas de Galicia, Consellería de Sanidade, ITG, ADR Mariñas Betanzos e Deputación provincial da Coruña.
Orzamento total: 973.408 € (369.552 € Comisión Europea)
Ámbito de actuación: Camiño de Santiago Inglés (18 municipios)
Resumo: o obxectivo do proxecto Life Water Way é dotar de abastecemento de auga potable ao ‘Camiño Inglés’, como exemplo da mitigación dos impactos ambientais derivados do consumo de auga embotellada nas sendas naturais e itinerarios culturais europeos. Paralelamente, o proxecto pretende determinar unha estratexia que permita recuperar as fontes naturais, como solución de micro-abastecemento en áreas onde non chegan as redes centralizadas de augas de consumo. Deste xeito, está previsto dotar ao Camiño de Santiago Inglés dunha rede piloto formada por 28 novos puntos de micro-abastecemento identificables ( aprox. un cada 6 km) conforme á normativa de augas de consumo humano (Directiva 98/83/CE), a partir de mananciais e dos sistemas de abastecemento municipais existentes no seu trazado.
LIFE WATER WAY website: https://lifewaterway.eu/
3: LIFE RURAL SUPPLIES «SOSTENIBLES SOLUTIONS FOR VERY SMALL WATER SUPPLIES»
Prazo de execución: 2013 – 2018
Programa marco: Life programme | European Commission.
Socios: Concello de Abegondo (coordinador), Augas de Galicia e Consellería de Sanidade.
Orzamento total: 774.122 € (387.061 € Comisión Europea)
Ámbito de actuación: zona sur do termo municipal de Abegondo, á que non chega a rede pública de abastecemento auga potable.
Resumo: actualmente en Galicia 650.000 persoas consomen auga a través de solucións autónomas mediante un modelo de xestión que se mantivo vixente sen a intervención das administracións. Así, son os usuarios os que, voluntariamente e baixo a súa responsabilidade, deben proceder á comprobación da calidade das súas augas e, se é necesario, poñer remedio a eventuais afeccións.
O principal obxectivo do proxecto LIFE RURAL SUPPLIES é fortalecer a sustentabilidade das pequenas subministracións fronte ás súas principais ameazas: a constatada deficiente calidade das augas captadas; a falta de gobernanza na extracción de augas subterráneas e na eliminación dos residuos e a non aplicación do principio de recuperación de custos para un uso eficiente dos recursos hídricos por parte dos usuarios.
Por iso, co apoio do programa Life da Comisión Europea, Augas de Galicia, a Consellería de Sanidade e o Concello de Abegondo pretenden desenvolver accións innovadoras de carácter demostrativo que melloren as capacidades da poboación local na dotación de servizos da auga mediante sistemas de abastecemento e saneamento descentralizados. Este reto resolverase mediante a consecución coordinada de catro metas:
Determinar as solucións técnicas máis adecuadas na captación, distribución e posterior tratamento das augas subterráneas consumidas a partir de pozos e mananciais.
Ensaiar instalacións de abastecemento e saneamento de carácter autónomo adaptadas ás vivendas rurais para minimizar o impacto ambiental na dotación dos servizos da auga.
Validar os plans de seguridade da auga ( water safety plans) como ferramenta para mellorar a seguridade da subministración.
Incentivar o uso eficiente dos recursos hídricos.
Ese proxecto foi seleccionado pola Comisión Europea en 2019 como un dos 5 finalistas ao mellor proxecto europeo do programa Life na categoría medioambiente. Ademais recibiu un accesit do premio “MEDIO AMBIENTE APROEMA” aos proxectos dirixidos fundamentalmente á conservación e mellora do medio ambiente en Galicia.
TRANSIT «Training Paths for Adults on Sustainable Mobility»
Prazo de execución: o proxecto durase 32 meses (desde xaneiro do 2021 a setembro de 2023)
Programa marco: Erasmus+, KA2 Asociación Estratéxica para a educación de adultos.
Socios: University of Karlstad (Suecia) (coordinador), Municipio de Karlstad (Suecia), Unione Pedemontana Parmense (Italia) (Unión de Municipios da Provincia de Parma), Ecocity ONG (Grecia) e Concello de Abegondo (España)
Orzamento: 302.118,00 € (financiado ao 100% pola CE)
Resumo: o proxecto ten por obxectivo poñer en marcha unha estratexia integral de aprendizaxe que redunde nun cambio de hábitos da poboación cara á mobilidade sostible, a través do intercambio de experiencias dos países participantes, baixo a dirección da Universidade de Karlstad de Suecia. Celebraranse 6 reunións transnacionales (dúas ao ano), 1 seminario de 4 días; e un evento multiplicador para cada socio ao final do proxecto para difundir os resultados.
No caso de Abegondo e a fin aumentar a sustentabilidade do transporte no municipio e reducir o uso do vehículo privado de motor, estamos a traballar nunha acción piloto que consiste na creación de corredores da mobilidade activa (bicicleta, ir a pé) mediante a peonalización de camiños xa existentes de titularidade municipal. Dita iniciativa consistiría en restrinxir o uso de vehículos de motor en camiños municipais, que pasarían a ser de uso prioritario para peóns e ciclistas; o acceso de vehículos de motor só estaría permitido no caso de usuarios que tivesen a súa vivenda ou traballo nos tramos afectados.
Deste xeito, esbozouse o trazado de dous corredores de lonxitude total 11 km que unirían San Marcos coa senda ciclable do ZEC Abegondo – Cecebre e o Camiño de Santiago Inglés. Deste xeito, poderíanse realizar de forma segura traxectos con destino Coruña, Betanzos, o IES Viós ou a área recreativa do encoro de Beche (ver plano adxunto).
A idea podería estenderse ao conxunto dos municipios que conforman a Reserva, a fin de crear corredores que conecten máis puntos de interese e increméntese a poboación beneficiada. Deste xeito tamén se fomentaría o turismo rural activo (e seguro) nos concellos.
Os principais custos previstos para a consecución desta iniciativa serían os seguintes:
Definición dos itinerarios.
Enquisas á poboación, para definir os puntos de interese e a súa receptividade á proposta.
Audiencias públicas ambientais para a posta en común cos veciños e organismos con competencias.
Sinalización viaria: vertical e horizontal.
Mellora do firme (só en casos xustificados)
Difusión da rede de biciestradas (ou EstradasActivas) entre a poboación.
TRANSIT website: www.kau.se/en/transit
FB page: @transit.erasmusproject
Anímate a participar na enquisa do proxecto para coñecer e valorar os hábitos de mobilidade da veciñanza de Abegondo facendo clic aquí.
LIFE RURAL SUPPLIES «SOSTENIBLES SOLUTIONS FOR VERY SMALL WATER SUPPLIES»
Prazo de execución: 2013 – 2018
Programa marco: Life programme | European Commission.
Socios: Concello de Abegondo (coordinador), Augas de Galicia e Consellería de Sanidade.
Orzamento total: 774.122 € (387.061 € Comisión Europea)
Ámbito de actuación: zona sur do termo municipal de Abegondo, á que non chega a rede pública de abastecemento auga potable.
Resumo: actualmente en Galicia 650.000 persoas consomen auga a través de solucións autónomas mediante un modelo de xestión que se mantivo vixente sen a intervención das administracións. Así, son os usuarios os que, voluntariamente e baixo a súa responsabilidade, deben proceder á comprobación da calidade das súas augas e, se é necesario, poñer remedio a eventuais afeccións.
O principal obxectivo do proxecto LIFE RURAL SUPPLIES é fortalecer a sustentabilidade das pequenas subministracións fronte ás súas principais ameazas: a constatada deficiente calidade das augas captadas; a falta de gobernanza na extracción de augas subterráneas e na eliminación dos residuos e a non aplicación do principio de recuperación de custos para un uso eficiente dos recursos hídricos por parte dos usuarios.
Por iso, co apoio do programa Life da Comisión Europea, Augas de Galicia, a Consellería de Sanidade e o Concello de Abegondo pretenden desenvolver accións innovadoras de carácter demostrativo que melloren as capacidades da poboación local na dotación de servizos da auga mediante sistemas de abastecemento e saneamento descentralizados. Este reto resolverase mediante a consecución coordinada de catro metas:
Determinar as solucións técnicas máis adecuadas na captación, distribución e posterior tratamento das augas subterráneas consumidas a partir de pozos e mananciais.
Ensaiar instalacións de abastecemento e saneamento de carácter autónomo adaptadas ás vivendas rurais para minimizar o impacto ambiental na dotación dos servizos da auga.
Validar os plans de seguridade da auga ( water safety plans) como ferramenta para mellorar a seguridade da subministración.
Incentivar o uso eficiente dos recursos hídricos.
Ese proxecto foi seleccionado pola Comisión Europea en 2019 como un dos 5 finalistas ao mellor proxecto europeo do programa Life na categoría medioambiente. Ademais recibiu un accesit do premio “MEDIO AMBIENTE APROEMA” aos proxectos dirixidos fundamentalmente á conservación e mellora do medio ambiente en Galicia.
LIFE RURAL SUPPLIES websitE: www.ruralsupplies.eu
Life AquaPlann Project «XESTIÓN INTEGRADA DOS RECURSOS HÍDRICOS E A SÚA APLICACIÓN NO PLANTEXAMENTO LOCAL DO L.I.C ABEGONDO – CECEBRE”
Prazo de execución: 2009 – 2013
Programa marco: Life programme | European Commission.
Socios: Concello de Abegondo (coordinador), Augas de Galicia, Consellería do Medio Rural e Emalcsa.
Orzamento total: 987.564 € (333.304 € Comisión Europea)
Ámbito de actuación: conca hidrográfica do LIC Encoro de Abegondo – Cecebre formada polos ríos Mero e Barcés.
Resumo:
AquaPlann Project é unha acción conxunta dos catro principais actores da xestión hídrica do LIC Encoro Abegondo – Cecebre: Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas), EMALCSA e Consellería do Medio Rural e do Mar coordinada polo Concello de Abegondo no marco do programa ambiental Life+ da Comisión Europea.
Os obxectivos centrais do proxecto son:
– Avanzar na sustentabilidade das actividades humanas da contorna rural utilizando como indicador ambiental a calidade da auga
– Mellorar a coordinación e implicación dos axentes responsables do goberno, xestión e uso das augas como medio para alcanzar a xestión integral dos recursos hídricos.
As accións levadas a cabo estruturáronse en fichas informativas ordenadas por capítulos conforme a catro metas:
(1) Mellora do abastecemento rural e protección das masas de auga subterránea.
(2) Saneamento das augas residuais domésticas na contorna rural.
(3) Prevención da contaminación de orixe agrícola e gandeira.
(4) Xestión integral de conca.
O proxecto AquaPlann foi distinguido con dous premios: 2º posto na votación en liña e accésit do Premio CONAMA 2012 á Sustentabilidade de Pequenos e Medianos Municipios (entre 5.000 e 30.000 habitantes); Primeiro premio “MEDIO AMBIENTE APROEMA” 2012 aos proxectos dirixidos fundamentalmente á conservación e mellora do medio ambiente en Galicia.
5: EFC Ecowas «RAISING AWARENESS FOR ECO-FRIENDLY BEHAVIOURS IN WASTE COLLECTION PRACTISE»
Prazo de execución: 2013 – 2015
Programa marco: Europe for Citizens ( EFC) | European Commission
Orzamento total: 131.000 € (financiado ao 100% pola CE)
Socios: Coordinado polo Concello de Abegondo en asociación con Gmina Lublin e Urz?d Miasta Sosnowca (Polonia), Mölndals stad (Suecia), Stadsbestuur Hasselt (Bélxica) e Comune dei Traversetolo (Italia)
Resumo:
Este proxecto ten como obxectivo xeral o “promover valores comúns e estratexias a través da sustentabilidade da xestión de residuos como parte do benestar dos cidadáns europeos”. Deste xeito, involucrarase á cidadanía na celebración de sete eventos para a posta en común das experiencias que faciliten a consecución dos seguintes resultados:
Coñecemento máis profundo de boas estratexias de comunicación en xestión de residuos.
Incremento da motivación dos cidadáns para adoptar un comportamento ecolóxico.
Aumento da porcentaxe de recollida selectiva de residuos, reciclado e reutilización como parte do benestar dos cidadáns europeos.
6: EFC On tour for Europe»Bringing youth step by step to active citizenship and job-creation»
Programa marco: Europe for Citizens ( EFC) | European Commission
Prazo de execución: 2015-2016
Socios: coordinado por Stadsbestuur Hasselt (Bélxica) en asociación con Ethercentrum vzw, REC Radiocentrum (Bélxica), Saint- Omer City (Francia), Detmold City (Alemaña), Gemeente Schiedam (Holanda), Commune dei Reggio Emilia (Italia), Kaunas City (Lituania), Demos Oraiokastro City (Grecia), Sandwich Town Council (Reino Unido) e o Concello de Abegondo (España).