Premios PEL ás mellores iniciativas empresariais da provincia
A Deputación da Coruña convoca a sétima edición dos Premios PEL: Premios ás mellores iniciativas empresariais da provincia (PEL-EPR PREMIO 2025), un galardón incluído entre as accións de incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego Local (PEL) co que se pretende recoñecer ás mellores iniciativas empresariais da provincia da Coruña, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradoras de riqueza, emprego e benestar, contribuíndo á súa sustentabilidade, fomentando a cultura emprendedora e potenciando o rural.
Cun orzamento total de 75.000 euros, os premios están dirixidos a pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas con domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña.
Nesta edición outorgaranse 20.000 euros á candidatura gañadora de cada unha das tres categorías seguintes:
1ª CATEGORÍA: Premio «Iniciativa emprendedora». Dirixida a recoñecer a labor das pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas que iniciaran a súa actividade empresarial nas anualidades 2023, 2024 ou 2025.
2ª CATEGORÍA: Premio «Traxectoria empresarial». Destinada a recoñecer a labor das pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas que comezasen a súa actividade empresarial durante a anualidade 2022 ou con anterioridade.
3ª CATEGORÍA A PROPOSTA DO XURADO: Premio «Proxección e innovación sostible». Sen postulación previa de candidaturas.
No caso de que o Xurado considere que algunha empresa que non chegou a obter o premio en calquera das tres categorías, teña demostrado méritos destacados, poderá outorgar ata tres accésits por valor de 5.000 euros brutos cada un.
A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da documentación, a través da plataforma Subtel.
O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 16 de maio ás 14.00 horas.
Pode consultar as bases e a convocatoria publicadas no BOP tanto na plataforma Subtel como na páxina web dos Premios PEL: https://pel.gal/premio
Axudas da Xunta de Galicia para a promoción do emprego autónomo no ano 2025
A Xunta de Galicia abre a convocatoria para concorrer nas axudas á promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas.
Toda a información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D
Tamén podes consultar a información na web da oficina do autónomo.
Programa Bono Persoas Traballadoras Autónomas 2025
Dentro da subvención para o emprego autónomo, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración inclúe as axudas do Programa Bono Persoas Traballadoras Autónomas para o ano 2025 (procedemento TR341Q).
O prazo de solicitación estará aberto ata o 30 de setembro a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Consulta na web da Oficina do Autónomo toda a información deste Bono.
A Deputación da Coruña lanza as seguintes axudas no marco de Plan de Emprego Local:
Xa están convocadas as axudas PEL 2025 da Deputación da Coruña coas seguintes liñas de acción:
- PEL-Emprende Investimento
- PEL-Autónom@s
- PEL-PEMES creación e ampliación
- PEL-PEMES mantemento
O prazo de presentación estará aberto ata o 17 de marzo, ás 14:00 horas.
As axudas solicitaranse de xeito telemático, a través da plataforma SUBTEL.
Consulta aquí as bases das axudas PEL 2025.
Máis información aquí.


