Programa de Garantía Xuvenil Xunta de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea
PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL XUNTA DE GALICIA, COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA
Entidade: CONCELLO DE ABEGONDO
Nº expediente: TR350E-2025-00000150-00
PROXECTO SUBVENCIONADO: EMPREGADO/A ADMINISTRATIVO/A PROGRAMA I CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN: Contratación de 1 persoa moza desempregada inscrita no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (1 empregado/a administrativo/a), consonte a seguinte desagregación:
Numero de traballadores: 1 / Grupo de cotización. 7 / Duración do contrato (meses): 9
Xornada laboral (%): 100% / contía da subvención: 16.380,09 €
Actividades a realizar: tarefas de apoio e de xestión básica de oficina, servindo de soporte das tarefas administrativas que se levan a cabo nos distintos departamentos do Concello. As súas funcións inclúen a xestión de documentos e comunicacións, o arquivo da información e outras tarefas operativas que facilitarán o traballo diario do persoal técnico e administrativo superior.
Obxectivos: colaborar na posta en marcha desta acción de fomento do emprego, co obxecto de proporcionarlle á persoa traballadora contratada unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
Concesion programa Garantía Xuvenil Xunta de Galicia
Orde DOG programa Garantía Xuvenil







Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!