Programa de axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas/os consolidadas/os con máis de 5 anos de antigüidade

Mediante Resolución de Presidencia número 2024/37000, do 17 de setembro do 2024, aprobáronse as bases reguladoras do programa de Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas consolidadas con máis de 5 anos de antigüidade (PEL- AUTÓNOMAS/OS CONSOLIDADAS/OS – 2024)
 «Base 4.- Destinatarias/os e requisitos
Estas axudas van dirixidas a persoas autónomas que reúnan con anterioridade á data de fin de presentación das solicitudes os seguintes requisitos:
· Ter o domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña de poboación menor a 10.000 habitantes conforme aos datos máis recentes dispoñibles no Instituto Galego de Estadística e segundo o recollido no Certificado de situación censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
· Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadoras/es Autónomas/os (RETA) ou calquera outro réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social, cunha antigüidade ininterrompida mínima de 5 anos. Considérase que non existe interrupción cando entre o cese e a nova alta transcorran menos de 12 meses.
· Estar dado de alta nalgunha actividade empresarial e constar recollida no Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria como titular.
· Ter unha antigüidade mínima de 5 anos de exercicio ininterrompido na actividade empresarial que desenrola segundo a información recollida no certificado de situación censual da entidade. A estes efectos, considérase que existe continuidade na mesma actividade económica cando entre o cese e a nova alta transcorran menos
de 12 meses.
· Non recibir na anualidade 2024 ningunha axuda ou concepto similar conforme a definición contida na base 8 (…) «
«Base 7.-Contía e período subvencionable da liña PEL -Autónomos/as Consolidados/as
A axuda consistirá nunha contía fixa de 200 € por cada mes nos que se cumpran os requisitos ata un máximo de 12 meses e un mínimo de 6 meses correspondentes ao período subvencionado 2024. Subvencionaranse exclusivamente as cotas mensuais correspondentes a anualidade 2024.
Contía máxima a solicitar (no caso de solicitar as 12 cotas) 2.400 €
Contía mínima a solicitar (no caso de solicitar 6 cotas) 1.200 €
Contía variable (en caso de solicitar máis de 6 e menos de 12) 200 * número de meses non subvencionados/bonificados
Convocatoria
«Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.
A partir do día seguiente ao de publicación no BOP da Coruña do extracto da presente convocatoria, e finalizará o día
25 de outubre de 2024, ás 14:00 horas. «
Extracto convocatoria subv PEL AUTÓNOMOS CONSOLIDADOS 2024_Bop 186 26_09
RS Pres 2024_37000 17 set PEL AUTÓNOMOS CONSOLIDADOS 2024_Bop 181 19_09

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *