Prazas dispoñibles do obradoiro de garantía xuvenil
Xa está publicado o listado de selección do alumno-traballor e do persoal do obradoiro de garantía xuvenil ‘Coidados na dependencia’, un programa mizmo de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas mozas incluídas no Sistema nacional de garantía xuvenil en Galicia.
Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FS+ Galicia 2021-2017 e promovido polo Concello de Betanzos conveniado cos Concellos de Abegondo, Coirós e Paderne.
Aquelas persoas interesadas que cumpran os requisitos poden inscribirse na oficina de emprego de Betanzos.
Está dirixido a persoas novas desempregadas menores de 30 anos, que teñan a ESO superada ou competencias clave de nivel 2.
As persoas seleccionadas serán contratadas polo Concello de Betanzos durante un ano e recibirán formación especializada no ámbito dos coidados a persoas dependentes, xa que as especialidades para impartir no programa son:
Atención sociosanitaria a persoas non domicilio (SSCS0108) (8 alumnos/as).
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208) (8 alumnos/as).
Para máis información pódese chamar ao 981 647 996 ou ao 608 366 854.
Podes consultar a listaxe en: https://sede.abegondo.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20230920143034736.html

Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!