O Concello de Abegondo cumpre co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 27 de abril de 2016 (RXPD) e Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), así como a normativa vixente en cada momento, velando por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais da persoa usuaria.

É por isto que, a presente Política de Privacidade ten como obxecto informar sobre o tratamento de datos de carácter persoal que, o Concello de Abegondo, efectúa neste sitio web, sede electrónica e en calquera dos seus subdominios, micrositios e/ou aplicacións móbiles.

A persoa titular será informada, con carácter previo á recollida dos seus datos, dos extremos xerais regulados nesta política conforme os seguintes aspectos:

  1. QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS TEUS DATOS PERSOAIS?

O responsable dos teus datos é o CONCELLO DE ABEGONDO.

Enderezo postal: rúa San Marcos 1, 15318 Abegondo (A Coruña). Teléfono: 981 647 909. Correo electrónico de contacto DPD: dpd@abegondo.gal

O artigo 37.1 do Regulamento UE 2016/679 xeral de protección de datos (RXPD), establece que as autoridades e organismos públicos teñen a obriga de designar un delegado de protección de datos (DPD). Conforme o citado artigo, o Concello de Abegondo designou o seu DPD en AEPD (Axencia Española de Protección de Datos) como pode consultar en: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/infoSede/consultaDPD.jsf

  1. PARA QUE TRATAMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS?

Os datos que nos facilitas, así como calquera outros xerados durante o desenvolvemento da relación coas persoas usuarias, podémolos tratar para distintas finalidades en función dos servizos municipais que sexan obxecto de prestación e, en todo caso, para manter o contacto e a comunicación con estas.

No seu caso, finalidades máis explícitas e concretas poden indicarse nas cláusulas informativas incorporadas en cada unha das vías de toma de datos (formularios web, formularios en papel, solucións ou carteis e notas informativas) para supostos concretos.

A relación actualizada das actividades de tratamento que o Concello de Abegondo leva a cabo encóntrase dispoñible no seguinte enlace ao Rexistro de actividades de tratamento.

  1. CAL É A BASE XURÍDICA QUE LEXITIMA O TRATAMENTO DOS TEUS DATOS PERSOAIS?

O tratamento dos datos dos usuarios realízase no cumprimento de obrigas legais que corresponden ao Concello de Abegondo, o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, a protección de intereses vitais, a execución dun contrato, e/ou pode estar tamén baseada no consentimento das persoas interesadas, que haberá de ser prestado mediante unha clara acción afirmativa. Cando o tratamento se basee no consentimento, a persoa interesada terá dereito a retiralo en calquera momento sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

  1. POR CANTO TEMPO CONSERVAMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS?

Os teus datos persoais serán conservados durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento correspondente, salvo que deban conservarse con fins de arquivo en interese público, fins de investigación científica ou histórica ou fins estatísticos, e ata que se teña cumprido o prazo de prescrición de posibles responsabilidades nacidas do tratamento.

De modo que o prazo de conservación dos teus datos persoais dependerá do especificado para cada tratamento, así como o establecido na normativa de arquivos e documentación.

  1. A QUEN LLE PODEMOS COMUNICAR OS TEUS DATOS PERSOAIS?

O Concello de Abegondo traballa en coordinación con outras Administracións Públicas locais, autonómicas ou estatais con competencias en materias similares ou equivalentes ás desenvolvidas polas distintas concellerías, polo que é necesario o intercambio de datos con fins de acreditación, investigación, informativos ou evitar duplicidades na prestación de servizos e axudas, ademais da cooperación con xuíces e tribunais cando estea obrigado ou sexa requirido para iso.

As Administracións Públicas, por outra parte, están suxeitas a un principio de transparencia regulado en normas xurídicas que obrigan a facer pública a información necesaria que permita a máis ampla participación da cidadanía e dea visibilidade á actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública. En todo caso o Concello de Abegondo procederá respectando sempre o equilibrio entre a transparencia e o dereito á protección de datos persoais.

  1. CALES SON OS TEUS DEREITOS EN PROTECCIÓN DE DATOS E COMO PODES EXERCELOS?

A través deste enlace da nosa sede electrónica, podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición ao teu tratamento, portabilidade e limitación dos teus datos, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, mediante un escrito da persoa interesada ao Concello de Abegondo, dirixido ao Rexistro Xeral: rúa San Marcos 1, 15318 Abegondo (A Coruña); ante calquera dos puntos de rexistro de entrada do Concello, ou por correo electrónico ao enderezo electrónico: dpd@abegondo.gal. Este correo só funciona para os efectos de información ou consulta. O exercicio dos dereitos en materia de protección de datos debe presentarse en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Igualmente poderanse formular reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6, 28001, Madrid ou mediante a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sedeelectronica-web/

  1. CALES SON AS NOSAS MEDIDAS DE SEGURIDADE?

O Concello de Abegondo é consciente da preocupación da persoa usuaria pola seguridade, por iso optouse por implementar os niveis de seguridade adaptado aos riscos das operacións de tratamento para o adecuado funcionamento, funcionalidades e dos seus servizos web, preservando a integridade e seguridade dos datos e informacións almacenadas co fin de evitar a perda, alteración ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, natureza, alcance, fins e contexto dos datos almacenados e os riscos aos que estean expostos xa proveñan da acción humana ou de medio físico ou natural.

  1. O CONCELLO NAS RRSS

O Concello de Abegondo ten presenza en redes sociais. Se te fas seguidor/a nas redes sociais do Concello, o tratamento dos datos persoais rexerase por este apartado, así como por aquelas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso que pertenzan á rede social que proceda en cada caso e que aceptases previamente. Podes consultar as políticas de privacidade das principais redes sociais nestes enlaces:

Facebook: https://www.facebook.com/share/osb4xDAvS9GLsozd/

Instagram: https://www.instagram.com/concelloabegondo?igsh=bDk4bWM5ZGRrcmxh

Youtube: www.youtube.com/@concellodeabegondo7063

X: twitter.com/abegondo

O Concello tratará os teus datos persoais coa finalidade de administrar correctamente a túa presenza na rede social, informarte das súas actividades, produtos ou servizos, así como para calquera outra finalidade que as normativas das redes sociais permitan.

En ningún caso o Titular utilizará os perfís de seguidores en redes sociais para enviar publicidade de maneira individual.