Papá Noel falou por videoconferencia coa cativada de Abegondo

O Concello de Abegondo abriu o seu programa de actividades de Nadal, como é habitual, coa videoconferencia con Papá Noel celebrada na aula Cemit. Os pequenos e pequenas de 5 anos do CEIP San Marcos desprazáronse ata a Casa do Concello para conectar con directamente con Laponia.

Os nervios, timidez e moita ilusión foron os ingredientes da sesión. Os nenos ían un a un collendo o micrófono para falar con Papá Noel, a quen visualizaban en pantalla grande cunha paisaxe moi nevada. As peticións de última hora dalgún agasallo especial e as confesións de se se portaron ben ou non foron temas de conversación.

O tenente de alcalde, Alberto Seoane, deu a benvida a Papá Noel en nome do Concello e agradeceulle que dedicase un pouco do seu tempo para saudar aos cativos de Abegondo.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *