O ximnasio municipal do concello de Abegondo estrea novo horario de apertura

Xa podedes consultar o novo horario do ximnasio municipal!

As instalacións permanecerán abertas:
De luns a venres, de 8:30 a 22:30 horas.
Os sábados, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Ademais, como novidade, no local social de Sarandóns impartiranse sesións de Ximnasia Saúde, en horario de mañá.

Podedes reservar as vosas prazas na web municipal, no Rexistro ou no 981 647 909.