O programa de coidados ‘Porta a porta’ da Xunta de Galicia chega a Abegondo para ofrecer servizos asistenciais ás persoas maiores para a prevención da dependencia.
A unidade móbil situarase no campo da feira os días 4, 5 e 8 de maio e prestará servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.
PODOLOXÍA
- CONSULTA BÁSICA de podoloxía
- Corte e limpeza de UNLLAS
- Eliminación de DUREZAS, CALOSIDADES e HELOMAS
- Valoración do ESTADO XERAL DO PÉ
AUDIOLOXÍA
- CONSULTA BÁSICA de audioloxía
- EXPLORACIÓN funcional da audición
- PREVENCIÓN da perda auditiva
ESTIMULACIÓN DA MEMORIA
- Estimulación COGNITIVA
- Estimulación FUNCIONAL
- Prevención da DEPENDENCIA mediante hábitos de vida saudables
- Promoción do ENVELLECEMENTO ACTIVO
Información e cita previa chamando ao 622 748 283 ou ao 623 546 992, ou a través de correo electrónico en coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.