O obradoiro ‘Reserva de Biosfera: Emprego verde’ ofrecerá un ano máis formación a alumnos de seis concellos da comarca.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, fixo pública a resolución da concesión dunha subvención dotada dun importe de 411.928,00 euros para a posta en marcha da que será a cuarta edición do programa dual de emprego ‘Reserva de Biosfera: Emprego Verde’.
Deste xeito, un total de 20 alumnos e alumnas dos concellos de Abegondo, Bergondo, Carral, Sada, Oza – Cesuras e Paderne poderán formarse no ámbito da conservación de espazos forestais e xardinaría. O obradoiro terá unha duración de nove meses e nel impartiranse tanto contidos teóricos como diversos traballos e prácticas formativas en diversas fincas, inmobles e zonas verdes dos concellos involucrados.
As persoas participantes que logren completar a formación conseguirán os certificados de profesionalidade das seguintes especialidades: Por unha banda, as especialidades de «Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción» e «Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas» ambas as dúas da familia profesional de «Edificación e obra civil» e por por outra banda a especialildade de «Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes», da familia profesional «Agraria» e da área de «Xardinaría






Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!