O Concello ofrece obradoiros e actividades para conciliar en Semana Santa
Esta Semana Santa, o Concello de Abegondo oferta actividades e servizos para a conciliación da vida familiar e laboral da veciñanza
Por un lado, organízanse obradoiros de Pascua para infantil e primaria:
Cestas de Pascua: martes 26 de 16:30 a 19:30
Chaveiros e artesanía moncap de Pascua de madeira: luns 1 de 16:30 a 19:30
As inscricións poden efectuarse en cultura@abegondo.gal ou a través do teléfono 981 647 909
Por outra banda, o Concello conta cun programa de conciliación durante as xornadas non lectivas na Aula Lúdica
Con esta prestación, os pais e nais que o soliciten poderán deixar aos nenos e nenas desde as 7.30 horas ata as 16.30 horas
As iniciativas están dentro do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia





Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!