O Concello de Abegondo resultou beneficiario dunha subvención da Deputación da Coruña para o mantemento da Escola Municipal de Música.
Trátase do programa FO207 – Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais, durante o ano 2022
Obxecto: Mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais durante o ano 2022
O orzamento é de 40.000 euros e o importe concedido é de 10.000 euros.
Tras máis dunha década de traxectoria, este servizo oferta na actualidade máis de 39 disciplinas á veciñanza.
Acceso á resolución.