O Concello de Abegondo presentará alegacións contra a subestación que pretende Red Eléctrica Española en Folgoso
O Concello de Abegondo crea unha fronte común para mostrar o seu rexeitamento total ao ao novo proxecto de subestación eléctrica que Red Eléctrica Española quere levar a cabo no municipio. O goberno local e todos os grupos da corporación acordan a defensa dos intereses do municipio.
O Concello presentará alegacións aos procesos que están agora en información pública: o otorgamiento da declaración de utilidade pública e as autorizacións previas dos proxectos.
Na reunión celebrada o xoves 7 de setembro estiveron tamén presentes os técnicos municipais e da Reserva de Biosfera, que serán os que elaboren as alegacións. O Concello ademais encargará un informe externo a unha consultora especializada para sumar argumentario técnico que fundamente as alegacións. Cóntase ademais coa valoración da Universidade da Coruña.
O goberno local tamén convocará aos veciños da parroquia de Folgoso para informarlles dos pasos que levarán a cabo. Previsiblemente, a cita será o sábado 23 de setembro. Mandaranse cartas aos residentes para notificarllo.
ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA DOS PROXECTOS
Línea aérea de transporte de enerxía eléctrica de doble circuíto a 400 kV
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!