O Concello celebra os 102 aniversarios de Lola, a veciña máis maior do municipio

Cumprir anos é sempre motivo de felicidade, pero cumprir 102 anos e facelo coa enerxía e a vitalidade de María Dolores Suárez vale por dúas. O alcalde, José Antonio Santiso, o concelleiro de Infraestruturas e Obras, Alberto Seoane, e persoal de Servizos Sociais desprazáronse, esta mañá, ao domicilio da veciña, no lugar de San Marcos. Durante a visita, felicitaron persoalmente á muller entregándolle un ramo de flores polo seu aniversario.

Aos seus 102 anos, Lola, como todo o mundo coñécea, continúa tendo unha gran vitalidade e afai saír a comer a restaurantes coa súa familia. A muller é, ademais, unha grande afeccionada á televisión. Como revela a súa nora, non se perde ningún programa de cotilleos e é tamén unha fan incondicional dos Mozos de Arousa, os mozos que están a concursar no programa Reacción en cadena. A abegondesa ten, ademais, unhas analíticas de libro. Así, como explica a súa nora, “ten ben tanto a tensión como o colesterol, non ten que seguir ningún réxime nin tomar medicación e, por sorte, non ten que ir ao médico”.

O rexedor felicitou á muller, a máis maior do municipio, desexando poder celebrar o seu aniversario moitos máis anos.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *