O Concello activa o Servizo de Conciliación en Semana Santa

O Concello de Abegondo ofrece ás familias un amplo programa de conciliación durante todo o ano. Coa chegada de épocas non lectivas, como é o caso da Semana Santa, esta iniciativa permite aos veciños unha alternativa para a atención dos máis pequenos.

A Aula Lúdica concentrará a actividade nos días laborais non lectivos: luns 14, martes 15, mércores 16 e luns 21 de abril. O Concello ábrea desde as 7.30 horas da mañá ata as 16.30 horas da tarde. Un total de 9 horas de atención aos pequenos nas que realizan dinámicas e xogos de lecer educativo e deportes.

O sistema posto en marcha polo Concello, coa amplitude de horarios ou a posibilidade de almorzar e comer convértena nun sistema de conciliación case baixo demanda, moi adaptado ás necesidades de cada familia.

Dentro do programa, o Concello organizará esta semana uns obradoiros de Pascua. Serán o martes 15 e o luns 21 de 16.30 a 19.30 horas, o que prolongará a atención. Versarán sobre manualidades e xogos na natureza.

Pódese obter máis información e realizar a inscrición en cultura@abegondo.gal e no 981 669 266.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *