O apoio financeiro da Unión Europea impulsa a mobilidade sostible en Abegondo
O Concello de Abegondo é agora un municipio cunha mobilidade máis sostible. E a iso axudou a implantación de dúas infraestuturas de recarga de vehículos eléctricos, que se instalaron grazas ao apoio financeiro da Unión Europea – NextGenerationEU.
Por medio da Resolución do 26 de xullo de 2021 aprobouse a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica, programa MOVES III. O Concello de Abegondo solicitou e foille concedida o programa de incentivos 2, que consistiu na implantación de dúas infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos, ascendendo o importe da axuda concedida a 22.064,34 € aportando o resto o Concello.
Os obxectivos desta iniciativa foron o impulso e a facilitación aos cidadáns o uso diario de vehículos eléctricos ao instalalos en espazos públicos urbanos para o seu uso público no termo municipal de Abegondo. Ademáis, buscábase facilitar a recarga dos vehículos eléctricos ao ser puntos de recarga rápida. Todo co obxectivo de favorecer unha Europa máis verde e libre de carbono.
Como resultados, o Concello de Abegondo notou un alto interese por estes puntos de recarga, así como un maior número de vehículos eléctricos no municipio.

Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!