O alcalde acorda coa Xunta un investimento de máis de 600.000 euros para arranxar a vía que une Abegondo e Presedo

O alcalde, José Antonio Santiso, avanzou esta mañá que se chegou a un acordo coa Xunta de Galicia para arranxar a estrada que une Abegondo e Presedo. Así o confirmou durante o pleno ordinario, indicando que estas obras executaranse por tramos e en dúas anualidades: en primeiro lugar, na parte que conecta Abegondo con Cerneda e na segunda, na zona entre Cerneda e Presedo, por onde pasa o Camiño Inglés. O rexedor incide na importancia destas actuacións «coas que se reforzarán as condicións de seguridade viaria nesta vía».

Durante o pleno, o primeiro edil explicou, ademais, que a Xunta de Galicia deu o seu visto bo ao proxecto municipal para executar o saneamento en Crendes. Neste sentido, Santiso apuntou que estas actuacións contan «con todos os informes sectoriais favorables, quedando pendente só ao dispor de orzamento por parte da Xunta». O proxecto rolda o millón de euros e o organismo autonómico encargaríase da contratación destas intervencións.

Modificación POS+Adicional
No pleno desta mañá, a corporación apoiou a modificación do acordo de participación do Concello no POS+Adicional (2ª fase) da Deputación da Coruña. A aprobación en pleno era un paso necesario tras os cambios aplicados na obra de pavimentación de varios camiños na parroquia Mabegondo. Como indicou o concelleiro de Urbanismo, Alberto Seoane, as modificacións aplicáronse en canto ao orzamento e á zona de actuación, ampliados con respeto ao orixinal.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *