Nervios e ilusión na videoconferencia con Papá Noel que abre o Nadal de Abegondo

O Concello de Abegondo abreu o seu programa de actividades de Nadal, como é habitual, coa videoconferencia con Papá Noel celebrada na Aula Cemit. Os pequenos e pequenas de 5 anos do CEIP San Marcos desprazáronse ata a casa consistorial para conectar directamente con Laponia.

Os nervios, timidez e moita ilusión foron os ingredientes da sesión. Os nenos ían un a un collendo o micrófono para falar con Papá Noel, a quen visualizaban en pantalla grande cunha paisaxe moi nevada.

As peticións de última hora dalgún regalo especial e as confesións de si se portaron ben ou non foron temas de conversación. O tenente alcalde, Alberto Seoane, deu a benvida a Papá Noel en nome do Concello e agradeceulle que dedicase un pouco do seu tempo en saudar aos máis novos veciños.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *