Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web
A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación
Estás en
Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos de navegación
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia convoca as axudas Xempre autónomo para a promoción do emprego autónomo 2023.
Estas subvencións están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
O programa Xempre Autónomo estableceuse para as novas altas de actividade. Serán axudas cunha contía base de 2.000 euros, que poderán chegar aos 4.000 euros para persoas desempregadas menores de 30 anos, parados de longa duración, persoas con discapacidade e, como novidade este ano, maiores de 55 anos.
Estes importes poderán incrementarse nun 25 % se os beneficiarios son, entre outras casuísticas, mulleres, maiores de 45 anos, emigrantes retornados ou estranxeiros, se o centro de traballo está situado nun concello rural ou a actividade empresarial é unha profesión en que as mulleres están subrepresentadas.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 29 de setembro ás 23:59 horas.
Consultade as bases reguladoras no DOG: https://bit.ly/3wrRAqQ
Ligazón ao trámite na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: https://bit.ly/3XXWHuI
© Copyright 2013. Excmo. Ayto. de Abegondo.
San Marcos, 1 - 15318, Abegondo
Todos os dereitos reservados