Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo tramita a piscina, parque de aventura e bosque autóctono tras completar as cabanas de Beche

Santiso mostrou a Rueda o resultado da primeira fase do complexo turístico, cun investimento de 800.000 euros

Abegondo deu o primeiro paso para a creación do complexo turístico de Beche. O Concello completa a construción das catro cabanas de madeira e do futuro restaurante, á vez que traballa nas sucesivas fases que converterán ao espazo en referencia en Galicia en materia de turismo de natureza.

O alcalde, José Antonio Santiso, mostrou hoxe os resultados ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Esta primeira fase, cun investimento de 800.000 euros, foi cofinanciada pola Xunta, cunha achega de medio millón de euros.

Ao acto acudiron tamén varios alcaldes de municipios da zona, así como o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, e concelleiros da corporación. O arquitecto municipal foi o encargado de explicar o proxecto: as cabanas admitirán o aloxamento en dous cuartos dobres e un sofá cama no salón, contando con cociña e aseo nun total de 70 metros cadrados.

Santiso avanzou os seguintes pasos para o complexo turístico de Beche. A segunda fase, de 400.000 euros dos que 150.000 procederán da Xunta, abarcará a urbanización da contorna, a dotación de sistemas xerais e a creación de aparcamento.

Posteriormente, instalarase unha piscina recreativa e un parque multiaventura, dous complementos ideais para o espazo. E tamén, desvelou o rexedor, trabállase en converter o bosque de eucaliptos xunto ao encoro nun bosque de especies autóctonas como carballos e castiñeiros, para o que xa se está en conversacións cos propietarios.

A xestión do complexo será concesionada. A empresa terá a opción de ampliar aloxamentos e poderá apostar por iglús vinculados á observación do firmamento, un proxecto polo que se aposta na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

“Sempre nos rondou na cabeza contar cun lugar no Camiño Inglés que atraia a peregrinos e a visitantes que queiran pasar unha fin de semana”, expresou Santiso. “Tes aquí uns colaboradores convencidos do potencial do Camiño”, díxolle a Rueda.

O vicepresidente manifestou a súa satisfacción polo resultado que está tendo a actuación. “Está quedando moi ben e o temos aquí ao lado”, resumiu, reafirmando a súa aposta polo “turismo de calidade” e o “tesouro” que supón o Camiño para todos os municipios.


RGporn.com - Download Porno HD