how to write good admissions essay project assignment write my paper sites phd thesis in microarray data analysis phd dissertation in law book reviews website buy essay australia write a research paper on abortion

Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O Camiño Inglés estrea unha rede de 28 fontes de auga potable en 18 municipios impulsada por Abegondo

A fonte de San Caetano acolleu a inauguración do itinerario, que se realizou en simultáneo noutros concellos participantes nesta iniciativa

Cun acto na fonte de San Caetano (Santiago de Compostela), o  Concello de Abegondo deu por concluído o proxecto  Life  Water  Way. A iniciativa, promovida e coordinada por Abegondo con financiamento da Unión Europea, supuxo a creación dunha rede de 28 fontes de auga potable no Camiño Inglés, a primeira das súas características dentro dun itinerario cultural en Europa. A fonte de San Caetano marca, precisamente, o punto final deste roteiro, que conta con outros puntos nos seguintes municipios: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes e Oroso.

O acto central de Santiago contou coa presenza do alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, a subdirectora da Consellería de Sanidade, Inés Mato, do deputado de Economía, Facenda e Persoal da Deputación da Coruña, Antonio  Leira, e de representantes do  Concello de Santiago de Compostela, do equipo de seguimento do proxecto Life e da Asociación de  Concellos do Camiño Inglés. O evento contou tamén coa intervención do Project  manager de  Life  Water  Way, Carlos Ameixenda, do director de S.A. de  Xestión  do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa e de Lucía Garabato, técnica  ITG. A iniciativa  Life  Water  Way financiouse con fondos europeos e contou coa colaboración de Augas de Galicia, a Deputación da Coruña e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras  do Mandeo ou a Fundación Instituto Tecnolóxico e Galicia.

O orzamento global da intervención ascende a máis de 973.000 euros, dos que os organismos anteriormente citados achegaron case 604.000 euros. O importe restante, uns 370.000 euros, foi financiado con fondos europeos.

Durante a súa intervención, o rexedor de Abegondo puxo en valor o carácter innovador do proxecto, “co que se buscou primar o coidado da auga e darlle servizo  non só aos peregrinos que  elixen o Camiño Inglés para chegar a Santiago, senón  tamén aos propios veciños e veciñas destes concellos”.

En paralelo ao acto central, os Concellos implicados nesta iniciativa organizaron inauguracións simultáneas nas fontes deste roteiro xacobeo.

Sistema de potabilización de auga

Todas as fontes contan cun innovador sistema de potabilización de auga a través de luz  ultravioleta e filtración. Da cifra total, catro destas construcións (de Abegondo, Carral, Ordes e Mesía) aproveitan a auga dos mananciais subterráneos, mentres que nos 24 restantes abastécense da rede de cada municipio.

O proxecto incluíu, así mesmo, o deseño dunhas botellas-termo de aceiro inoxidable e con capacidade para 0,5 litros coas que se busca un dobre obxectivo: por unha banda, colaborar no mantemento da rede de fontes de auga e, polo outro, contribuír na redución do consumo de plásticos contaminantes.

 


RGporn.com - Download Porno HD