Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web
A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación
Estás en
Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos de navegación
Atendendo ás normativas covid-19, o Concello de Abegondo cancelará, de novo, a súa tradicional festa no pavillón de San Marcos. No seu lugar, o Concello celebrará festas nos centros de ensino e unha Choqueirada en liña coa que buscará enxalzar este personaxe, un dos símbolos do Entroido na comarca.
O pistoletazo de saída da programación será este venres, 25 de febreiro, co pregoeiro no CEIP San Marcos para inaugurar o Entroido. Ese mesmo día, o Concello colaborará coa realización da festa do IES de Viós, na que haberá talleres de maquillaxe e animación, entre outras propostas.
Como novidade nesta edición, o Concello trasladará o espírito do Entroido ás redes sociais. Farao organizando unha Choqueirada en liña entre o sábado, 26 de febreiro, e o martes 1 de marzo. As persoas interesadas poderán enviar as súas imaxes a través do correo culturaabegondo@gmail.com. Ademais da fotografía, no envío terán que indicar os nomes, idades e parroquia de quen apareza na instantánea. A persoa que realice o envío estará a autorizar a publicación da fotografía ou vídeo a través das redes municipais, debendo indicar, para iso, o seu DNI e teléfono de contacto.
O período de envío estará aberto entre os días 25 de febreiro e 1 de marzo e as imaxes publicaranse nas contas de Facebook e Instagram de Abegondo os días 27 e 1 de marzo. O Concello entregará un agasallo a todas as persoas que participen nesta proposta.
O calendario concluirá o venres, 4 de marzo, co Entroido Pequeno no CEIP San Marcos para todos os grupos burbulla do centro de ensino na que haberá animación e diversión para todos os mozos.
© Copyright 2013. Excmo. Ayto. de Abegondo.
San Marcos, 1 - 15318, Abegondo
Todos os dereitos reservados