Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web
A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación
Estás en
Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos de navegación
Por medio da RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, convócanse as probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).
Acceso á sede electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR306A&anno=2022&numpub=1&lang=gl
O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento TR306A).
Así mesmo, cómpre establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.
Competencias clave que se convocan .
1. Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.
Prazo de presentación: ABERTO
17/02/2022 - 07/04/2022
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 7 de abril de 2022.
Acceso á orde completa: https://www.xunta.gal/dog/<wbr></wbr>Publicados/2022/20220216/<wbr></wbr>AnuncioG0599-080222-0002_gl.<wbr></wbr>html
© Copyright 2013. Excmo. Ayto. de Abegondo.
San Marcos, 1 - 15318, Abegondo
Todos os dereitos reservados