Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Axudas medio rural para a incorporación de agricultores mozos, plans de mellora e de desenvolvemento das explotacións

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia

Hoxe publicouse no DOG a ORDE da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 /códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B. Podes consultalo nesta ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220209/AnuncioG0426-190122-0019_gl.html

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia

Convócanse para o exercicio orzamentario 2022, con carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva e de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde, as seguintes axudas:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1. Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas.

– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

 

Esta orde regula os procedementos administrativos seguintes:

a) MR404A. Axudas á incorporación de persoas mozas á actividade agraria. Dirixidas a Calquera persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os dezaoito anos e non teña cumpridos máis de corenta anos, conte coa capacitación e a competencia profesionais axeitadas e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación; poderá establecerse de xeito individual ou xunto con outros agricultores, en calquera forma xurídica.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR404A

 

b) MR405A. Axudas para investimentos nas explotacións agrarias. Dirixidas a:

a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.

b. Agricultores mozos que se instalan nunha explotación de nova creación.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR405A

 

c) MR405B. Axudas para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias. Dirixidas a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR405B

 


RGporn.com - Download Porno HD