Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web
A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación
Estás en
Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos de navegación
Nova convocatoria de axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) para o ano 2022, dirixida á “Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”, dentro da medida 6.4 “Investimentos en actividades non agrarias” do PDR de Galicia 2014-2020.
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.
Proxectos Subvencionables:
Os proxectos deben ter un orzamento elixible superior a 10.000 € e inferior a 220.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.
a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.
c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos
d) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).
e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
Gastos Subvencionables
Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.
Importe da Axuda
45% dos gastos subvencionables
Información: Para calquera dúbida os promotores poden porse en contacto coa AGADER a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal ou nos teléfonos: 981547382 - 981547369 - 981542690
Procedemento:
https://sede.xunta.gal/<wbr></wbr>detalle-procedemento?codtram=<wbr></wbr>MR708A
Acceso ao DOG:
https://www.xunta.gal/dog/<wbr></wbr>Publicados/2022/20220125/<wbr></wbr>AnuncioO90-301221-0001_gl.html
© Copyright 2013. Excmo. Ayto. de Abegondo.
San Marcos, 1 - 15318, Abegondo
Todos os dereitos reservados