Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Axudas programa Re-Accciona do IGAPE

Axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Obxecto

Convocar as axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), que teñen a consideración de axuda en especie establecida na disposición adicional terceira da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (procedemento IG401A).

Servizos obxecto de apoio

1. A Amtega poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:

Adopción de solucións de dixitalización:

– Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa.

– Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme.

– Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade.

– Deseño dunha estratexia de márketing de contidos para a peme.

2. O Igape poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:

Profesionalización e desenvolvemento estratéxico:

– Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.

– Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.

– Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal.

– Análise do cumprimento normativo e os riscos legais.

– Mellora da xestión financeira e procura de financiamento.

– Optimización da produción e cadea loxística.

– Asesoramento para o relanzamento comercial.

– Preparación de procesos certificables.

Innovación:

– Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.

– Protección da innovación.

– Asesoramento para o financiamento da innovación.

3. As pemes poderán solicitar axudas para a prestación dun ou varios servizos, ben que non poderán solicitar un servizo do mesmo tipo que outro xa solicitado anteriormente, agás que renuncie ao anterior ou que a súa prestación xa estivese finalizada.

4. Os servizos adaptaranse en cada unha das prestacións á realidade da peme destinataria. Para este efecto, deberán establecerse inicialmente os parámetros de cada un deles: priorización de necesidades, alcance do traballo e ámbitos complementarios necesarios. A empresa contratada polo Igape para a prestación do servizo actuará durante todo o proceso como facilitador, proporcionando a metodoloxía de traballo e asegurando a súa calidade.

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluídos os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme

    (....)

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO

22/12/2021 - 28/01/2022

31/01/2022 - 04/03/2022

07/03/2022 - 08/04/2022

Convocatoria 2022.1: comeza o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e remata o 28.1.2022.

Convocatoria 2022.2: comeza o 31.1.2022 e remata o 4.3.2022.

Convocatoria 2022.3: comeza o 7.3.2022 e remata o 8.4.2022.

 

Toda la información: https://sede.xunta.gal/<wbr></wbr>detalle-procedemento?codtram=<wbr></wbr>IG401A&anno=2021&numpub=1&<wbr></wbr>lang=gl


RGporn.com - Download Porno HD