Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O Concello de Abegondo, o Dépor e o San Tirso rubrican un acordo de 15 anos para seguir impulsando o fútbol base

O alcalde e os presidentes asinaron o convenio, que suporá o apoio económico ao club local


O  Concello de Abegondo, o Real Club Deportivo e o San Tirso SD formalizaron hoxe o convenio de colaboración para os próximos 15 anos. O obxectivo do acordo, cualificado de esencial polas tres partes, é o desenvolvemento futbolístico da canteira no municipio.

O alcalde, José Antonio Santiso, o presidente do Deportivo, Antonio Couceiro, e o presidente do San Tirso, Carlos Fernández, asinaron o convenio, continuando co espírito de promoción de fútbol base que xa permitiu que xogadores destas categorías integren posteriormente o primeiro equipo. Foi o caso de  Trilli e Noel, presentes no acto, que lembraron con agarimo o seu ano no club abegondés cun ascenso.

O acordo inclúe que o Dépor será o responsable do 100% de xestión económica dos equipos infantil A e cadete A de as escolas municipais de fútbol. E do Xuvenil A do San Tirso se o primeiro equipo do Deportivo está en Primeira División.

Os adestramentos dos equipos poderanse realizar indistintamente na cidade deportiva ou no campo de O Monte, en San Tirso. Os servizos médicos do Deportivo faranse cargo do seguimento dos xogadores pertencentes aos equipos conveniados.

Tamén se entregará un carné nominativo a cada un dos xogadores das escolas municipais, ata un máximo de 250, e haberá un desconto na Escola de Adestradores do Dépor.

Economicamente, entre outras cuestións, o Deportivo compensará con 2.000 euros ao San Tirso cando un xogador chegue ao primeiro equipo pasando por infantil ou cadete. E o club coruñés realizará unha achega económica fixa por cada categoría da entidade  abegondesa, variable en función da división onde milite o Dépor.

Haberá tamén compensacións para casos de debuts de xogadores no Dépor, de disputa de encontros oficiais da Selección ou traspaso a outros clubs.

Ademais, os dous clubs comprométense a desenvolver a Deporescuela en O Monte para xogadores e xogadoras.

Santiso lembrou a posta en marcha da Cidade Deportiva e do fútbol basee e reivindicou a “constancia” como fórmula para o éxito dado que 20 anos despois estanse vendo froitos. O rexedor ve unha gran idea delegar as escolas municipais nun “club emblemático” como o San Tirso, o que está a permitir inculcar os valores do deporte entre os pequenos.

Couceiro definiu o acordo como “unha relación seria e estratéxica” cun horizonte temporal que permitirá “un traballo a moi longo prazo”. Apuntou que a promoción do fútbol base non só é importante desde o punto de vista deportivo senón tamén social.

O presidente do San Tirso agradeceu a implicación do Dépor. “Nunca puidemos imaxinar que poderiamos colaborar cunha entidade como o Deportivo”, apuntou.





RGporn.com - Download Porno HD