O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Abegondo foi creado no ano 2004 co obxectivo principal de incrementar e fomentar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos e sectores.
As funcións principais que desenvolve son as seguintes:
- Funcións xerais internas de asesoramento no seo da administración en materia de lexislación lingüística e
dereitos lingüísticos - Funcións de dinamización lingüística nos diferentes ámbitos de actuación
- Funcións de formación lingüística e sociolingüística
- Funcións de asesoramento lingüístico
- Funcións de coordinación e apoio entre a Secretaría Xeral da Lingua Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña e outras entidades
O Servizo de Normalización está cofinanciado anualmente polas seguintes entidades:
A Deputación da Coruña subvenciona o Concello de Abegondo para os gastos de mantemento do SNL a través do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico de normalización lingüística (FONL).
Ano 2025. Importe subvención para o Concello de Abegondo: 20.000 euros.
A Xunta de Galicia financia o Concello de Abegondo para a promoción do uso da lingua galega ao abeiro da convocatoria regulada na orde do 14 de febreiro de 2025.
Ano 2025. Importe subvención: 7.088,32 euros





