José Antonio Santiso Miramontes é reelixido alcalde do Concello de Abegondo
José Antonio Santiso Miramontes foi reelixido alcalde de Abegondo na sesión constitutiva celebrada o pasado sábado, día 17 de xuño.
O candidato popular contou cunha maioría absoluta de oito concelleiros, fronte aos catro que obtivo o PSOE e un edil do BNG. Deste xeito, Santiso foi investido cos oito votos do seu partido, mentres que o grupo socialista e o Bloque Nacionalista Galego votáronse a si mesmos.
Na súa intervención, o alcalde expresou o seu orgullo por levar o nome do Concello de Abegondo a todos os lugares.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!