Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web
A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación
Estás en
Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos de navegación
Abegondo volverá situarse este domingo, 5 de xuño, no foco do fútbol base nacional. Regresa a Hitachi Air Cup, organizada polo Concello, o San Tirso SD e o Real Club Deportivo.
O campo de O Monte, en Mabegondo, será o escenario da competición. Durante toda a xornada un total de 16 equipos daranse cita cita nun evento que congrega a algúns dos mellores clubs de categoría benjamín de España.
Nesta edición contarase coa presenza de: R. C. Deportivo, C.D. Lugo, Ural C. F., Real Madrid C. F., Racing Club Ferrol, San Tirso S.D., E.D. Luís Calvo Sanz, R. C. Celta de Vigo, Real Sporting de Xixón, SAD Ponferradina, Galicia Caranza, SC Canidelo, Pavillón CF, Betanzos CF, E.D. Val Miñor e o Rupe Sahagún.
A competición comezará ás 10.30 horas de forma case interrompida. As semifinais están previstas para as 18.00 horas e a final para as 18.45 horas, cando os contendentes busquen o título que actualmente ostenta o Dépor, campión en 2019.
Os asistentes gozarán dunha xornada completa nas instalacións do San Tirso. A organización instalará unha carpa con diferentes opcións de menú para as familias e o resto de persoas que se acheguen a gozar dos partidos.
“Estamos orgullosos de poder recibir en Abegondo un torneo deste nivel”, expresa o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso. O primeiro edil sinala que se concibe o Hitachi como “unha festa do fútbol” e agradece ao San Tirso a organización coa colaboración do Real Club Deportivo.
No evento está prevista a asistencia do vicepresidente segundo e conselleiro de Deportes, Diego Calvo, do presidente do Deportivo, Antonio Couceiro, e do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.
© Copyright 2013. Excmo. Ayto. de Abegondo.
San Marcos, 1 - 15318, Abegondo
Todos los derechos reservados.