Entrega gratuíta de composteiros en Abegondo

O Concello de Abegondo acollerá unha nova xornada formativa sobre compostaxe doméstica, acompañada da entrega gratuíta de composteiros e material complementario. O evento terá lugar o vindeiro 26 de marzo, ás 19:00 horas, na Aula da Natureza de Abegondo, e busca fomentar a xestión sostible dos biorresiduos entre a veciñanza.

Material e inscricións

As persoas participantes recibirán un kit completo de compostaxe, composto por un composteiro, un aireador, unha peneira e un
termómetro. A asistencia á xornada formativa é fundamental para garantir o correcto uso dos materiais e maximizar os beneficios ambientais e prácticos do proceso de compostaxe.

A inscrición non é obrigatoria para asistir ao evento, xa que este está aberto a toda a veciñanza. Porén, as persoas que se inscriban previamente poderán axilizar o proceso de entrega do material unha vez finalizada a sesión.

Para formalizar a inscrición, pode consultarse https://consorcioam.rsu.gal.

 

Un compromiso coa sostibilidade

Esta campaña é unha mostra do compromiso do Consorcio As Mariñas coa educación ambiental e a promoción de prácticas sostibles. A compostaxe doméstica permite reducir os residuos enviados a vertedoiros, diminuír a pegada de carbono e obter un fertilizante natural de gran calidade.

Trátase de actuacións cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, a través da subvencións covocadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

 

Máis información
Para calquera dúbida ou consulta, pode chamar ao 981 784 704, escribir a info@consorcioam.org ou rexistrarse directamente en https://consorcioam.rsu.gal.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *