Curso de Manexo de Miniexcavadora e minicargadora
«Curso de Manexo de Miniexcavadora e minicargadora» (32 horas)
Certificación de operador de minicargadora e miniexcavadora segundo o RD 1215/97
Organiza: Concello de Abegondo
Datas e horario: Do 25 ao 29 de novembro (práctica e manexo) de 8:30 h a 15:00 h e Clase Teórica-Exame : 3 de decembro de 2024 (de 10:00 h a 12:00 h) na Aula Multimedia do Concello.
Persoas destinatarias: Preferentemente, persoas en situación de desemprego do Concello de Abegondo (con tarxeta de demanda de emprego) e que dispoñan do permiso de conducir B1
As persoas interesadas en reservar praza, poden realizar a súa inscrición nas dependencias do Concello de Abegondo ou a través da sede electrónica.
Nota: haberá un límite de 15 prazas. As inscricións realizarse por orde de presentación das solicitudes.
Documentación que é necesario achegar:
– Fotocopia DNI
-Fotocopia carné de conducir B-1
-Tarxeta demanda de emprego






Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!