Curso de formación en Competencias dixitais (nivel básico)
Como parte do convenio de colaboración asinado coa UTE ARA BE PROJECT, nos vindeiros días poñerase en marcha o curso de formación en Competencias dixitais (nivel básico). Trátase dunha acción gratuíta de 200 h de duración, dirixida prioritariamente a persoas demandantes de emprego. Será un curso presencial, duns 2 meses de duración que se impartirá na aula do centro O Naranxo, a partir do vindeiro 29 de setembro, de luns a venres, en horario de 09:00 h a 14:00 h.
O programa lévase a cabo como parte do acordo convenio de colaboración asinado coa UTE ARA BE PROJECT para desenvolver en Abegondo diversas accións formativas no ámbito das TIC´s Esta entidade (UTE) resultou adxudicataria da contratación do lote 1: Competencias dixitais Digcomp 2.2 na Coruña do contrato do Servizo, por lotes, para a “impartición de accións formativas da familia de informática e comunicación dirixidas preferentemente a persoas desempregadas pertencentes a concellos de menos de 30.000 habitantes no marco do “plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU “ (EXPTE 2024_006_SXT_FCE). / Resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 1 de xullo.
Actualmente e de xeito períódico desenvólvense accións formativas gratuítas en distintos Concellos da provincia da Coruña. O de Abegondo foi proposto como sede.
Ao longo do curso impartiranse os seguintes módulos cunha duración de 49 horas cada un:
- FCOI 10: busca e xestión da información dixital
- FCOI 15: creación de contidos dixitais
- FCOI 18: comunicación e colaboración con ferramentas dixitais
- FCOI 21: resolución de problemas na contorna dixital
- FCOI 24: seguridade e civismo na contorna dixital
Para o nivel básico non se require un nivel de estudos determinado. Poderanse realizar partes ou módulos específicos. Non obstante, aquelas persoas que realicen todo o curso, é dicir, os 5 módulos recibirán un ordenador portátil de agasallo (o que se proporciona o primeiro día lectivo do curso).
Selección das persoas candidatas:
O martes, 23 de setembro, ás 12.30 h terá lugar unha reunión informativa na Aula Multimedia do Concello de Abegondo na que poderán participar, xunto coas persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego logo da oferta que presente a UTE, todas aquelas persoas interesadas.
O número de prazas oscilará entre 15 (mínimo) e 30 (máximo).
Máis información nos teléfonos 981 647 996, 608 366 854 e en adl@abegondo.gal.







Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!