Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Abegondo para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Feader no marco do PEPAC 2023-2027

Obxectivo: Desenvolver accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, de xeito que se acade unha maior eficacia na loita contra os incendios forestais:
– Realizáronse tratamentos preventivos de xeito mecanizado (Fondos Feader) polas pistas forestais do municipio de Abegondo con medios propios municipais.
– Levouse a cabo labores de vixilancia e defensa e traballos de prevención de incendios forestais de xeito manual (fondos Feader) e de investigación do estado das parcelas das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa forestal a través dunha Brigada de 5 membros.
Os resultados acadados foi a minorización da carga da biomasa ao longo das pistas forestais en prevención dos incendios forestais e o coñecemento da actual situación das franxas secundarias ao redor dos núcleos de poboación en tres parroquias do Concello de Abegondo.




Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!