Concello e Xunta sumaron esforzos para mellorar a eficiencia enerxética do campo do Vizoño

O alcalde, José Antonio Santiso, e o concelleiro de Urbanismo, Alberto Seoane, recibiron á delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, para comprobar o resultado das obras realizadas no campo de fútbol do Vizoño. Trátase dunhas intervencións que o primeiro edil valorou como «esenciais para seguir avanzando en materia de eficiencia enerxética» e que foron posibles «grazas ao apoio do organismo autonómico», apuntou o rexedor. Así, o proxecto realizouse a través dunha axuda de Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia de 60.000 euros, unha contía coa que se substituíu a iluminación e as caldeiras da dependencia. No seu lugar, implantáronse outros elementos con novos sistemas e tecnoloxías máis eficientes e respectuosas co medio ambiente.

As obras supuxeron a instalación de cinco proxectores LED en cada unha das catro torres existentes, distribuídos en tres unidades de 600 vatios e dous de 900. Grazas a estas intervencións, alcanzouse un nivel de iluminación superior e uniforme en todo o terreo de xogo conseguindo unha maior eficiencia enerxética.

A obras incluíron tamén a implantación dun sistema de auga quente nos vestiarios. Esta nova rede funciona con enerxía aerotérmica e ten capacidade para cubrir a demanda actual dos usuarios e usuarias do campo de fútbol.

Estas actuacións supuxeron «non só mellorar o estado da instalación, senón tamén seguir apostando de xeito decidido polo coidado e o respecto polo medio ambiente ao reducirse as emisións de CO2», explicou Santiso.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *