Como chegar
- Dende a A-6 (Autovía do Noreste), dúas saídas: a 573 «Mabegondo – Carral», xirar á esquerda dirección Mabegondo e Oza dos Ríos; e a 567 «Betanzos – Mabegondo», accedendo á C-542.
- Dende a A-9 (Autopista do Atlántico) no nó de Macenda, tense as opcións anes mencionadas de saída pola A-6.
- Dende a C-542, de Betanzo ao Mesón do Vento.
- Dende San Pedro de Nós (Oleiros) pola LC-221.
- Dende Carral pola estrada provincial «Montouto a Carral».
Existen liñas regulares de autobuses que comunican Abegondo con Betanzos (Gilsanz e Castromil), Santiago de Compostela (Castromil) e A Coruña (A.Vázquez e Gómez por Carral).
Hai unha parada de taxis na capital municipal.
En tren as estacións máis pretas son os apeadeiros de Cecebre (Cambre), Guísamo (Bergondo) e as dúas estacións de Betanzos.
O aeroporto de Alvedro (A Coruña) está a pouco máis de dez minutos en coche, indo pola autovía A-6 ata a saída número 583 en Cambre para enlazar coa estrada N-550.
Outra vía rápida de acceso é por medio da autopista A-9.
LÍMITES
Ao Norte con Betanzos, Bergondo e Cambre; ao Sur con Mesía e Ordes, ao Leste con Cesuras e Oza dos Ríos e ao Oeste con Cambre e Carral.
DISTANCIAS
- Á Coruña, 23 Kms.
- A Santiago de Compostela, 48 Kms.
- A Betanzos, 10 Kms.
- A Carral, 8 Kms.
- A Oza dos Ríos, 10 Kms.
- A Ordes, 22 Kms.