Certame Letras Galegas 2025 Concello de Abegondo

O Concello de Abegondo convoca o Certame Letras Galegas 2025 Concello de Abegondo co fin de promover as diferentes manifestacións culturais e fomentar o cultivo destas entre a poboación do municipio, potenciar o uso da lingua galega e promover a literatura galega, así como conmemorar o Día das Letras Galegas e homenaxear as cantareiras, a poesía popular oral e a transmisión da literatura popular.

Establece varias categorías e premios atendendo á idade dos participantes, que se detallan nas bases do Certame.

PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo para presentar os traballos está aberto ata o día 6 de xuño de 2025.

Os traballos serán remitidos ao Servizo de Normalización Lingüística ou ao departamento de Cultura do Concello de Abegondo. Poderán ser entregados persoalmente na Casa do Concello, na Biblioteca e na Aula Lúdica, así como por correo postal no enderezo San Marcos, 1 – 15318 Abegondo. Poderán ser presentados a través da sede electrónica ou por correo electrónico no enderezo cultura@abegondo.gal, sempre que o formato do traballo presentado así o permita e isto non impida a correcta valoración da súa calidade artística.

Todos os participantes indicarán xunto co traballo o seu nome e apelidos, domicilio, idade e teléfono de contacto. Nas categorías infantil, primaria e secundaria indicarán ademais os estudos que cursan e o centro de estudos.

Consulta as bases completas.

O Certame está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Abegondo, que está financiado pola Deputación Provincial da Coruña e a Xunta de Galicia.

Díptico do Certame Letras Galegas

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *