Certame Letras Galegas 2024 do Concello de Abegondo
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Certame Letras Galegas 2024.
Este concurso naceu co fin de promover e fomentar as diferentes manifestacións culturais entre a poboación do municipio, ademais de conmemorar o Día das Letras Galegas e a figura homenaxeada, este ano Luísa Villalta.
Ata o 31 de maio, podedes presentar as vosas creacións, orixinais e inéditas, nas categorías de narrativa, debuxo, pintura e poesía.
O importe total dos premios está valorado en 2.025 euros.








Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!