A Festa Infinita xa ten cartel completo para a celebración que terá lugar nas Quintás o sábado 30 de setembro.

Trataráse dunha festa ibicenca que estará amenizada polas agrupacións musicais La Banda de Ayer, Los Platinos, Virtual Project, Versionettes e Dúo Xilo & Carlos.

Así mesmo, tamén haberá comida cunha polbeira, mexillóns, empanada e dúas food trucks.

O evento comezará ás 12:00 horas.