Campaña Neve 2023

A Deputación da Coruña inicia a súa Campaña de Neve na estación invernal de Valgrande-Pajares, en Asturias.

No prezo, de 85 euros, inclúense os cursos de esquí, aloxamento, manutención durante a estancia e transporte.

A actividade está dirixida a nenos e nenas que teñan entre 11 e 15 anos, ámbolos dous inclusive, e celebrarase para as crianzas do Concello de Abegondo do 10 ao 13 de febreiro.

As persoas interesadas pódense inscribir ata o vindeiro mércores, 14 de decembro, no Concello. As prazas están limitadas a 5.

Toda a información aquí ou chamando ao 981 080 319.