Bolsas de estudo para o curso 2023-2024
O Concello de Abegondo publica toda a información para participar na convocatoria de bolsas de estudo para o curso 2023-2024.
Poderase facer un seguimento do procedemento (bases da convocatoria, listas de admitidos, resultados, etc.) a través das sucesivas publicacións realizadas no taboleiro de anuncios.
Como novidade con respecto á última convocatoria, no caso das axudas para persoas universitarias a tramitación realizarase en liña exclusivamente.
O prazo de solicitude estará dispoñible desde o 19 de outubro ao 9 de novembro de 2023. As persoas que non teñan clave dixital poderán contactar co Concello para recibir asesoramento sobre este procedemento.

Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!