Bolsas de estudo de Abegondo para o curso 2025-2026
O Concello de Abegondo publica toda a información relativa ás bolsas de estudo para o curso 2025-2026.
Esta liña de subvencións abrangue todas as etapas educativas: infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional e estudos universitarios e demais ensinanzas de carácter postobrigatorio.
O prazo de solicitude estará aberto desde o martes, 11 de novembro, ata o luns, 1 de decembro (ambos incluídos).
Atoparedes toda a información na sede electrónica do Concello.
Díptico informativo bolsas de estudo Concello Abegondo
Bolsas de estudo – Axudas para a escolarización
Bolsas de estudo – Axudas aos desprazamentos con fin escolar






Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!