Axudas para deportistas de alto interese municipal 2022

O Concello de Abegondo convoca unha liña de axudas en apoio ás prácticas deportivas e á participación en eventos deportivos de nivel e competicións oficiais nas distintas modalidades recoñecidas.

  • Para deportistas non profesionais nados entre o 1992 e o 2008.
  • Unha contía total de 8.500 €
  • Prazo de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP.

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático, a través da Sede Electrónica de do Concello de Abegondo, ou de xeito presencial, no Rexistro municipal.

Consulta as bases e descarga o formulario para a solicitude:

Bases: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/11/09/2022_0000006909.pdf