BOLSAS DE ESTUDO 2022/2023

  • As solicitudes deberán realizarse do mércores, día 2 de novembro, ata o martes, día 22 de novembro.

Para bacharelato, formación profesional, universidade e estudos postobrigatorios:

– Impreso de solicitude debidamente cuberto.

– Resgardo da matrícula (curso 2022/2023).

– Cualificacións obtidas no curso 2021/2022.

– Certificado do núm. de conta bancaria.

– Antes do 31 de xullo de 2023, hai que entregar as cualificacións obtidas no curso 2022/2023.

– No caso de ser beneficiario de Educación Especial, terá que presentar: certificado do grao de discapacidade e certificado/informe do departamento de orientación da entidade educativa.

Para estudos de infantil e primaria:

– Impreso de solicitude debidamente cuberto.

– Resgardo da matrícula (curso 2022/2023).

– Libro de familia.

– Facturas e/ou facturas simples.

– Declaración da renda do ano 2021 ou no seu caso autorización asinada. As unidades familiares exentas desta obriga deberán acreditar a súa situación, xuntando a seguinte documentación:

a) Para os membros activos laboralmente, certificado de Facenda de ingresos no ano 2021.

b) Acreditación, por calquera medio axustado ao dereito, de percibir ou non algunha prestación ou pensión (INEM, Xunta, Seguridade Social,…) e o importe desta A renda familiar deberá ser acreditada polos pais (nai e pai) ou titor do/a estudante.

– Certificado do núm. de conta bancaria a nome do beneficiario onde realizar o ingreso da bolsa.

– No caso de ser beneficiario de Educación Especial, terá que presentar: certificado do grao de discapacidade e certificado/informe do departamento de orientación da entidade educativa.

Ademais da documentación anterior, deberán presentar a seguinte documentación en caso de cumprirse algunha destas situacións:

– Documentación acreditativa da condición de familia monoparental.

– Documentación acreditativa da concorrencia de situación de violencia de xénero.

Para estudos de secundaria:

Se precisan axuda para cubrir o formulario ou máis información poderán acudir ao Departamento de Educación e Cultura (planta baixa do Concello). Os impresos das bolsas de estudo están dispoñibles na páxina web municipal (http://abegondo.gal) e poden presentalos a través da sede electrónica do Concello https://sede.abegondo.gal ou presencialmente no rexistro municipal.