Axudas para entidades sen animo de lucro e comisión de festas 2022
Xa podes solicitar as subvencións ofertadas polo Concello de Abegondo para entidades sen ánimo de lucro e comisións no ano 2022.
Contías: entre os 5.700 € e os 10.000 €
- Para entidades sen ánimo de lucro: O obxecto da solicitude debe ser ou ben para o desenvolvemento da actividade ou para equipamento, non para ambas opcións.
- Para a celebración de Festas Patronais: O beneficiario da axuda pode ser a comisión ou entidade que organice as festas. Tamén poden ser solicitadas para a contratación de orquestras por parte da entidade organizadora.
Presenta a túa solicitude a través da Sede Electrónica de Abegondo ou no Rexistro municipal.