Axudas a entidades sen ánimo de lucro 2025
O Concello de Abegondo publica as bases que regulan as axudas ás entidades sen ánimo de lucro (deportivas, veciñais, culturais, educativas, ANPAS, clubs deportivos etc.) que figuren no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Abegondo e ás comisións de festas organizadoras de festas nas parroquias do municipio, nas seguintes modalidades:
- Para actividades realizadas e adquisición de equipamentos realizados polas asociacións no exercicio 2025 e que segundo os seus estatutos lles son propios.
- Celebración de festas patronais. Enténdense como tales as celebracións do día do patrón da parroquia.
O prazo de presentación de solicitudes e xustificación estará dispoñible desde o sábado, 22 de novembro, ata o 15 de decembro de 2025.
Atoparedes as bases e o trámite na sede electrónica do Concello de Abegondo.







Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!